lunes, 23 de junio de 2008

Mellorar o rendemento de Ubuntu

Nunca está demais mellorar unha cousa para que esta funcione mellor e máis rápido. Para que o noso Ubuntu gañe uns poucos segundos no arranque ou para que responda máis rápido a ordes que lle deamos vamos modificar unha serie de cousas:

Mellora do Kernel

Ubuntu instala por defecto o kernel generic (xenérico) para que funcione sen problemas na maioria dos ordenadores. Nós que temos un ordenador maior ca un pentium II podemos instalar outro kernel, o Kernel 386, adaptado ó noso procesador que anda máis rápido e acelera a carga do sistema.

Atencion:Para procesadores de doble núcleo mellor deixar as cousas como estan porque non é capaz de recoñecer os dous núcleos.

Antes de instalalo miramos o noso kernel:

uname -r

E saliranos algo como esto: 2.6.24-16-386

A continuacion instalamos o kernel 386 con apt-get:

sudo apt-get install linux-headers-2.6.24-16 linux-headers-2.6.24-16-386 linux-image-2.6.24-16-386 linux-restricted-modules-2.6.24-16-386 linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-386

Unha vez rematada a instalación debemos reiniciar e no Grub apareceranos unha nova entrada na que temos que entrar. Se o noso sistema arranca sen ningún problema podemos afirmar que a instalación foi todo un éxito e podemos borrar o Kernel generic.

sudo apt-get remove linux-headers-2.6.24-16-generic linux-image-2.6.24-16-generic linux-restricted-modules-2.6.24-16-generic linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-generic

Acelerar a carga do sistema

GRUB ten unha opción que indexa o que se carga no kernel de modo que a seguinte vez que se inicie o sistema cargarase máis rapido. Esta opción chamase profile e para activala temos que seguir estos pasos:

  • Cando aparezca o GRUB presionamos ESC (esto sólo é necesario para os que teñen só GNU/Linux instalado)
  • Cando aparezca o GRUB con a lista de kernels, eleximos o que normalmente usamos(se fixemos o paso anterior sería Ubuntu 8.04, kernel 2.6.24-16-386) e en vez de darlla a “Enter” calcamoslle a letra “e”.
  • Buscamos a liña que di “kernel /boot/vmlinuz…” e volvemos presionar “e“.
  • Salenos unha liña de texto na que hai que añadir ó final a palabra profile e dámoslle a Enter.
  • Logo presionamos “b” e iniciarase o sistema.

O sistema vaise iniciar moito máis lento do normal porque ten que indexar, pero as seguintes veces que se inicie ira moito máis rápido do normal.
Acelerar a carga de aplicacións

Existe unha aplicación que corre en segundo plano e recolle información das aplicacións que usamos normalmente e as garda no caché o que fai posible unha maior rapidez á hora de executar. Esta aplicación chámase preload e instalamola mediante Synaptic ou ben:

sudo apt-get install preload

No hay comentarios: