lunes, 23 de junio de 2008

Intalando VirtualBox no Ubuntu

VirtualBox é unha aplicación instalada nun sistema operativo anfitrión. Dentro desta aplicación, os

sistemas operativos adicionais podense cargar e executar, cada un co seu propio entorno virtual.

Existe unha versión gratuita para uso persoal e unha versión GNU (GPL).

Instalar VirtualBox en Ubuntu 8.04 “Hardy Heron” é moi sinxelo xa que esta aplicacion ven empaquetada nos repositorios oficiais e simplemente temos que activar os repositorios universe e multiverse (que xe deberamos telos activados fai tempo).


Para instalar en Ubuntu temos que abrir unha consola ou terminal e escribir:

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-generic

Se estamos usando outro kernel que non sexa o “generic”, instalamos a versión adecuada. Podemola ver facendo:

uname -r

Por exemplo se o facer uname -r nos sae:

2.6.24-16-386

Entón executamos

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-2.6.24-16-386

No hay comentarios: