Calquera usuario de linux nos temos atopado con paquetes comprimidos e sen compilar que nos marean para instalalos. Especialmente atopamonos con os paquetes .deb. Estos paquetes son moito máis sinxelos e rápidos de instalar ademais de non ter que preocuparnos por descomprimir, configurar, instalar…
Con os paquetes .deb en dous simples cliks temos instalado o programa, pero que facer cando nos atopamos cos paquetes .rpm, .tar.gz e .tar.bz2 e queremos convertilos a .deb?
A resposta está no programa Alien que podemos instalar mediante a liña seguinte:
sudo apt-get install alien
Xa instalado pasamos a convertir os paquetes antes mencionados a un paquete .deb de máis sinxela instalación.
Paquete .rpm
Supoñendo que o .rpm está no escritorio e se chama “entuxiasmado.rpm” facemos o seguinte:
$ cd Escritorio
$ sudo alien -d entuxiasmado.rpm
Paquete .tar.gz
Supoñendo que o paquete está no escritorio e se chama “entuxiasmado.tar.gz” facemos o seguinte:
$ cd Escritorio
$ sudo alien nombre_archivo.tar.gz
Con os paquetes .tar.gz existe outra maneira de crear o paquete .deb, mediante:
$ tar xfz entuxiasmado.tar.gz
$ cd entuxiasmado
$ ./configure
$ make
$ sudo checkinstall
Paquete .tar.bz2
Neste caso o que temos que facer é descomprimir o paquete.tar.bz2 e volver comprimilo como .tar.gz. Unha vez no formato .tar.gz podemos executar o mesmo que no caso anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario