domingo, 29 de junio de 2008

Tilda 0.9.6 no Hardy

Tilda é un emulador de terminal ó estilo Quake. Este emulador fai aparecer desplegandose da parte superior da pantalla unha terminal ó pulsar F1. Mui cómoda e útil e cunha serie de incompatibilidades con Hardy e Compiz ata esta última versión que parece que as correxiu.

Ubuntu non a inclue nos repositorios asique para instalar esta aplicacion teremos que botar mau da nosa maña e destreza.

Descargamos tilda 0.9.6:

wget wget http://downloads.sourceforge.net/tilda/tilda-0.9.6.tar.gz

Instalamos as dependencias:

sudo apt-get install libglib2.0-dev libgtk2.0-dev libvte-dev libconfuse-dev flex libglade2-dev build-essential

Descomprimimos (debemos estar na carpeta onde descargamos o tar.gz do programa):

tar zxvf tilda-0.9.6.tar.gz

Ingresamos na carpeta descomprimida e compilamos:

./configure

make

sudo make install

viernes, 27 de junio de 2008

O comando cal

O comando cal mostranos desde consola o mes actual con o día que sexa resaltado. Enton abrimos consola e poñemos cal e apareceranos algo como esto:

Pero non só fai iso, podemos especificarlle as seguintes opcions:

  • -1: mostranos o mes actual, é a opción que toma por defecto.
  • -3: mostranos o mes anterior, o mes actual e o mes próximo.
  • -s: mostra o domingo como primeiro día da semana.
  • -m: mostra o luns como primeiro día da semana.
  • -y: mostranos o ano no que estamos.

Nos executamos cal -3:

Se executamos cal -y mostranos o ano:

O comando cal entende un só parametro como ano a buscar (desde 1 ata 9999), e entende dous parámetros como mes e ano. Exemplo: cal 5 2008 mostraranos mayo de 2008, e cal 1999 mostraranos o ano 1999.

OpenOffice.OpenXML Translator

OpenOffice.OpenXML Translator é a solución o problema de atoparnos con o dichoso novo formato de Microsoft Office Word 2007, este novo formato é .docx e se usas ubuntu e OpenOffice ata o de agora non podias abrilo pero con OpenOffice.OpenXML Translator xa podes abrilo e modificalo sen problema.

Aviso!! OpenOffice.OpenXML Translator é solo para usuarios de Ubuntu, se usas windows visita este tutorial http://saforas.wordpress.com/2008/05/16/abrir-documentos-docx-desde-openoffice/ mais completo.

Wubi

Wubi é un instalador de ubuntu para usuarios windows que permite instalar Ubuntu con uns poucos click. Xa ven incluido no Hardy e fai moi simple a instalación.

Existe un tutorial moi bo sobre Wubi en tuxpepino e para descargalo fai click na seguinte imaxen.

Compiz-check

Compiz-check miranos si o noso computer é valido para o uso de Compiz Fusion. Hai duas formas igual de válidas para instalalo, a primeira e mediante un script e a segunda mediante un paquete .deb.

Eu prefiro a instalacion mediante un .deb porque e a mais cómoda e sinxela. Pero a continuacion poño os dous métodos.

Método 1

Descargar o script:

wget http://blogage.de/files/3847/download -O compiz-check

Una vez descargado damoslle permisos de execución e executamolo:

chmod +x compiz-check

compiz-check

Método 2

Descargamos o archivo .deb, e instalamos:

Descarga compiz-check-deb

Unha vez descargado e instalado executamolo dende consola

compiz-check

Se o teu ordenador e adaptado salira algo tal que:

Se se da o caso de que chekeando o harware dea un pequeno error, proba a instalar nvidia-settings

sudo apt-get install nvidia-settings

lunes, 23 de junio de 2008

Previsualizar a túa música no Hardy Heron

Leo en “Corre Ubuntu Corre” e mais en TuxAzteca que una das novas utilidades do Hardy é a pevisulización por decilo dalgun xeito da nosa música.

Según lein esto ocorre cando deixas o teu punteiro do ratón sobre un archivo de música, este comeza a soar e no momento en que apartes o punteiro deixa de soar.

Eu probei no meu e non facia nada, pero claro argallando e argallando chegeui as preferencias de Nautilus.

Para activar esta útil curiosidade, no caso en que non estea activada temos que abrir nautilus (o navegador de archivos) e no menu ‘Editar’ cliqueamos en Preferenzas, apareceranos algo tal que así:

Agora se entramos na pestaña ‘Vista Previa’ apareceranos esto:

E se por casualidad donde pon “escucha previa de archivos de sonido” nos aparece nunca, cambiamolo por sempre e xa podemos escoitar as cancions colocando o ratón encima.

Alien, facendo deb’s

Calquera usuario de linux nos temos atopado con paquetes comprimidos e sen compilar que nos marean para instalalos. Especialmente atopamonos con os paquetes .deb. Estos paquetes son moito máis sinxelos e rápidos de instalar ademais de non ter que preocuparnos por descomprimir, configurar, instalar…

Con os paquetes .deb en dous simples cliks temos instalado o programa, pero que facer cando nos atopamos cos paquetes .rpm, .tar.gz e .tar.bz2 e queremos convertilos a .deb?

A resposta está no programa Alien que podemos instalar mediante a liña seguinte:

sudo apt-get install alien

Xa instalado pasamos a convertir os paquetes antes mencionados a un paquete .deb de máis sinxela instalación.

Paquete .rpm

Supoñendo que o .rpm está no escritorio e se chama “entuxiasmado.rpm” facemos o seguinte:

$ cd Escritorio
$ sudo alien -d entuxiasmado.rpm

Paquete .tar.gz

Supoñendo que o paquete está no escritorio e se chama “entuxiasmado.tar.gz” facemos o seguinte:

$ cd Escritorio
$ sudo alien nombre_archivo.tar.gz

Con os paquetes .tar.gz existe outra maneira de crear o paquete .deb, mediante:

$ tar xfz entuxiasmado.tar.gz
$ cd entuxiasmado
$ ./configure
$ make
$ sudo checkinstall

Paquete .tar.bz2

Neste caso o que temos que facer é descomprimir o paquete.tar.bz2 e volver comprimilo como .tar.gz. Unha vez no formato .tar.gz podemos executar o mesmo que no caso anterior.

Intalando VirtualBox no Ubuntu

VirtualBox é unha aplicación instalada nun sistema operativo anfitrión. Dentro desta aplicación, os

sistemas operativos adicionais podense cargar e executar, cada un co seu propio entorno virtual.

Existe unha versión gratuita para uso persoal e unha versión GNU (GPL).

Instalar VirtualBox en Ubuntu 8.04 “Hardy Heron” é moi sinxelo xa que esta aplicacion ven empaquetada nos repositorios oficiais e simplemente temos que activar os repositorios universe e multiverse (que xe deberamos telos activados fai tempo).


Para instalar en Ubuntu temos que abrir unha consola ou terminal e escribir:

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-generic

Se estamos usando outro kernel que non sexa o “generic”, instalamos a versión adecuada. Podemola ver facendo:

uname -r

Por exemplo se o facer uname -r nos sae:

2.6.24-16-386

Entón executamos

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-2.6.24-16-386

Manual pa tontos e non tan tontos

Dende http://www.usaelputogoogle.com atopo un manual pa tontos e pa non tan tontos basado no uso de Google. O manual dividese en dúas partes, a primeira (pa tontos) onde fala sobre as busquedas básicas e a segunda parte (pa non tan tontos) onde nos enseña a facer unhas búsquedas máis profesionais.

O Manual atopase neste link: http://www.usaelputogoogle.com

Mellorar o rendemento de Ubuntu

Nunca está demais mellorar unha cousa para que esta funcione mellor e máis rápido. Para que o noso Ubuntu gañe uns poucos segundos no arranque ou para que responda máis rápido a ordes que lle deamos vamos modificar unha serie de cousas:

Mellora do Kernel

Ubuntu instala por defecto o kernel generic (xenérico) para que funcione sen problemas na maioria dos ordenadores. Nós que temos un ordenador maior ca un pentium II podemos instalar outro kernel, o Kernel 386, adaptado ó noso procesador que anda máis rápido e acelera a carga do sistema.

Atencion:Para procesadores de doble núcleo mellor deixar as cousas como estan porque non é capaz de recoñecer os dous núcleos.

Antes de instalalo miramos o noso kernel:

uname -r

E saliranos algo como esto: 2.6.24-16-386

A continuacion instalamos o kernel 386 con apt-get:

sudo apt-get install linux-headers-2.6.24-16 linux-headers-2.6.24-16-386 linux-image-2.6.24-16-386 linux-restricted-modules-2.6.24-16-386 linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-386

Unha vez rematada a instalación debemos reiniciar e no Grub apareceranos unha nova entrada na que temos que entrar. Se o noso sistema arranca sen ningún problema podemos afirmar que a instalación foi todo un éxito e podemos borrar o Kernel generic.

sudo apt-get remove linux-headers-2.6.24-16-generic linux-image-2.6.24-16-generic linux-restricted-modules-2.6.24-16-generic linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-generic

Acelerar a carga do sistema

GRUB ten unha opción que indexa o que se carga no kernel de modo que a seguinte vez que se inicie o sistema cargarase máis rapido. Esta opción chamase profile e para activala temos que seguir estos pasos:

  • Cando aparezca o GRUB presionamos ESC (esto sólo é necesario para os que teñen só GNU/Linux instalado)
  • Cando aparezca o GRUB con a lista de kernels, eleximos o que normalmente usamos(se fixemos o paso anterior sería Ubuntu 8.04, kernel 2.6.24-16-386) e en vez de darlla a “Enter” calcamoslle a letra “e”.
  • Buscamos a liña que di “kernel /boot/vmlinuz…” e volvemos presionar “e“.
  • Salenos unha liña de texto na que hai que añadir ó final a palabra profile e dámoslle a Enter.
  • Logo presionamos “b” e iniciarase o sistema.

O sistema vaise iniciar moito máis lento do normal porque ten que indexar, pero as seguintes veces que se inicie ira moito máis rápido do normal.
Acelerar a carga de aplicacións

Existe unha aplicación que corre en segundo plano e recolle información das aplicacións que usamos normalmente e as garda no caché o que fai posible unha maior rapidez á hora de executar. Esta aplicación chámase preload e instalamola mediante Synaptic ou ben:

sudo apt-get install preload

Sistema de ficheiros GNU/Linux

En GNU/Linux é así:

  • O directorio raíz é / → De aquí saen todos os directorios do sistema. Dentro do directorio raíz atopamos varios subdiretorios importantes:
    • /dev → Todos os dispositivos físicos do sistema (O noso hardware).
    • /etc → Aquí recollense todos os ficheiros de configuracion do sistema.
    • /sbin → Aquí temos os programas que só pode executar o superusuario. Os programas deste directorio e mais do seguinte poden ser executados directamente poñendo o seu nome na consola.
    • /bin → Aquí temos os programas que poden lanzar todos os usuarios do sistema.
    • /lib → Conten as bibliotecas precisas para que se executen os programas que temos en /bin e /sbin.
    • /proc → Aquí tan os ficheiros que reciben ou envian informacion ó kernel (mellor non modificar nada nesta carpeta).
    • /usr → Este directorio conten os programas de uso xeral para todos os usuarios.
      • /usr/X11R6 → Aquí temos os programas do noso X-Window. X-Window é o sistema de ventanas.
      • /usr/bin → Aquí temos programas de uso xeral.
      • /usr/doc → Aquí temos certa documentacion do sistema.
      • /usr/etc → Aquí temos ficheiros de configuracion de uso global.
      • /usr/include → Aquí temos as cabezeiras de C e C++. Son ficheiros con extension .h. Os programadores comprenden o seu significado./usr/lib → Aquí temos as bibliotecas dos nosos programas.
      • /usr/man → Neste directorio encontramos manuais.
      • /usr/sbin → Este directorio contén os programas de administración do sistema.
      • /usr/src → Aquí é onde se almacenan os códigos fonte dos nosos programas.
    • /var → Este directorio contén información temporal dos programas. Non confundilo co tmp de windows, non debemos borrar nin modificar o contido deste directorio.
    • /boot → Aquí temos os ficheiros de configuración do arranque do sistema (como por exemplo GRUB).
    • /media → Aquí encontramos todas as unidades físicas que temos montadas. Discos duros, unidades de dvd, pendrive, …
    • /opt → Podemos usala para instalar aplicaciones que non veñen nos repositorios ou aquelas que nós compilamos.
    • /home → É un directorio onde temos os directorios persoais de todos os membros do sistema.
      • ~ → É o noso directorio persoal. Algo similar a “Mis Documentos”. Aquí é onde gardaremos os nosos documentos, musica, películas, fotos … Tamén podemos referirnos a este directorio como /home/[o noso nome]
        • ~/Desktop → Aquí temos o noso escritorio.

O Tux Galego comeza xa


Oxe luns 23 de Xuño de 2008 da comezo este novo blog chamado O Tux Galego onde habera entradas relacionadas co mundo Linux. Ademais este blog conta coa ventaxa de ser escrito integramente en Galego.

O blog foi creado para que sexa un referente galego sobre o mundo GNU/Linux e a mascota oficial é o TuxGalego que se atopa no comezo desta entrada.

Un Saudo